logo-herobanner

XESTIÓN DE PROXECTOS PARA O TURISMO E A CULTURA

QUE É CULTURSKOPIO

Culturskopio é unha axencia galega especializada en proxectos relacionados co turismo e a cultura. Apostamos pola posta en valor dos recursos dun territorio, conceptualizando, planificando e xestionando proxectos turísticos e culturais a partires de criterios de sostibilidade ambiental e sociocultural.
A nosa experiencia permítenos ofrecer solucións en diversos campos: marketing, comunicación, creación e comercialización de produtos turísticos, deseño e planificación de rutas de senderismo e bici, etc.

Marketing e Comunicación

Marketing e Comunicación

Deseñamos e xestionamos a túa estratexia de marketing, tanto online como offline. Elaboramos  plans de comunicación para empresas,  entidades ou concellos que queiran conseguir un posicionamento do seu territorio. Xestionamos contidos e dinamizamos comunidades a empresas, entidades e destinos do sector turístico.

DESEÑO DE PRODUCTO TURÍSTICO

DESEÑO DE PRODUCTO TURÍSTICO

O noso obxectivo é axudar a crear proxectos que aposten pola diversificación do público e á desestacionalización dos territorios. Deseñamos produtos turísticos:  rutas diarias, plans de fin de semana e xestionamos a sua comercialización.

Deseño, planificación e xestión de rutas

Deseño, planificación e xestión de rutas

Promovemos o desenvolvemento de territorios co deseño de proxectos integrais e sostibles no uso de recursos culturais e ambientais. Realizamos proxectos de viabilidade, estudos técnicos de trazado de rutas, planificación e deseño de rutas de sendeirismo e BTT. 

PROXECTOS CON SENTIDO COMÚN

XA TEÑEN CONFIADO NO NOSO TRABALLO

QUE DIN DE NÓS

  • Cristina es una gran comunicadora. Es resolutiva, organizada, creativa y domina perfectamente cualquier herramienta de marketing. Colaborar con ella es garantía de éxito.

    Damián García CEO de Emotive Neuromarketing Technologies
  • Case nunca está dispoñible e case sempre está viaxando. É difícil que teña tempo para o teu proxecto e necesitas moita sorte para poder concretar unha cita (estou esaxerando un pouquiño). Algo fachendosa, presume de ser capaz de venderche un plan de comunicación ou unha páxina web que non sabías que necesitabas. Pero necesitábalas, e se o fai ela vai saír ben. Na miña lista de colaboradoras para proxectos sen marxe de erro, sempre está a primeira.

    David Lourido Abertal

ENTÓN, TOMAMOS UN CAFÉ?