Comunicación dunha empresa ou destino turístico en tempos de crise Covid-19

 In Turismo

Desde Culturskopio xestionamos diferentes perfís en redes sociais, tanto de destinos turísticos como de empresas do sector, e nestes momentos, en plena crise do Covid-19 convén revisar que é o que estamos facendo a nivel comunicativo, e adaptarse a unha comunicación de crise. Non, non se fai nin se debe facer a mesma comunicación que de xeito habitual, e por iso facemos este post, para darvos unhas pautas, a aqueles que non estedes tan familiarizados coa comunicación en período de crise.

Neste post recollemos tanto as recomendacións propias que levamos a diante desde Culturskopio, como aquelas que fomos recollendo ao longo destas semanas, doutros expertos en comunicación que teñen compartido as súas experiencias a través de webinars e conferencias online promovidas por entidades como  Turespaña, Turismo de Galicia, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, etc.

Hoxe queremos compartir con vós as que nos parecen máis interesantes e as que cremos que máis éxito van a ter, pero antes diso, fagamos un pequeno repaso das que estimamos deberían ser as 5 claves, ou os cinco faros da comunicación:

    1. Unha única e grande mensaxe. Comunicamos para transmitir unha idea
    2. Contar de xeito memorable
    3. Cunha linguaxe que conecte cos nosos interlocutores
    4. Tendo en conta que a mensaxe que vale é a que capta a xente
    5. Invitar na vez de intentar convencer

 

Tendo en conta estas 5 claves, ou faros (esta teoría dos faros explicarémola noutro post de blog), podemos pasar xa a dar estas pautas de comunicación turística en tempos de covid19. 

 

Que imos a comunicar?

  • Non podemos deixar de comunicar. Os nosos seguidores e demáis usuarios deben que estamos a movernos. Temos que seguir reforzando a imaxe de marca da empresa, e non quedarnos calados, ou en shock comunicativo.
  • Centrémonos en comunicar tamén, desde unha perspectiva da empresa ou do destino, como nos está a afectar esta crise, se seguimos a ofrecer servizos ou non, como é o noso día a día, como é a nosa historia, etc. para logo dar paso tamén a contidos persoais (como nos afecta a nivel persoal a traballadores, socios, clientes, amigo, etc.). Outros contidos relevantes poden ser novas de interese, propostas, concursos, etc.

Que ton imos a utilizar e cal non?

  • Convén ser positivo ou canto menos neutral e informativo. Intentemos non mostrarnos negativos aínda que ese sexa o noso estado de ánimo
  • Hai que dar esperanza
  • Empático. Hai que poñerse na pel de que non escoita
  • Cercano. Máis que nunca interesan as historias en primeira persoa
  • Non esaxerar. Que toda esta actitude positiva non sexa excesiva, tampouco hai que dar esperanzas de máis ou quitarlle importancia á crise.

En cambio…

  • Non deberíamos ser todo negatividade, afirmar que non temos saída, tanto na crise sanitaria como na económica, e tampouco na turística
  • Agresivo ou ameazante cos usuarios e clientes, mesmo que haxa críticas ou reclamacións
  • Pedante: non sabemos máis que os outros, non somos quen de dar consellos sobre que facer ou que non, para evitar contaxiarse, etc. sobretodo cando falamos de opinións persoais e non datos baseados na ciencia
  • Non axudar a difundir bulos. Corren moitos pola rede, no whatsapp, ante a dúbida, non difundamos

 

Algunhas ideas

  • Aproveita para actualizar a información da túa empresa nas redes sociais e webs. Axuda no teu posicionamento.
  • Fala no teu nome, de xeito persoal e empatizando co teu público
  • Utiliza os # do momento: #CandoTodoIstoPase #EuCambiodeData #TurismodeProximidade, #YomequedoenEspaña e tantos outros relacionados co noso sector e co que está a suceder
  • Promociona os produtos ou servizos que ofrecerás cando todo isto pase
  • Aproveita para falar dos teus futuros proxectos, de que servizos queres ofrecer, dos destinos que se poden visitar, etc.
  • Ofrece propostas para facer durante os días que está a durar o confinamento, que teñan relación co teu proxecto
  • Aproveita para actualizar a túa base de datos e enviar newsletter aos teus seguidores con información de interese sobre a túa empresa ou destino, medidas tomadas ante a crise, etc.
  • Se estás a traballar para adaptarte ás novas tendencias, recomendacións e indicacións post crise sanitaria, (que seguro que o estás a facer), podes aproveitar para ir comunicándoo.
  • Interactúa cos teus usuarios e cos teus iguais, a eses aos que nos gusta chamar competencia, agora máis que nunca, poden ser os teus aliados.
  • Propón xogos, ideas, concursos, a xente ten tempo libre, aínda que cada día menos entre tantas propostas de retos, repostería e manualidades, pero aínda así, agradécese.
  • Participas nalgún grupo de traballo ou iniciativa para axudar a paliar esta crise? Sexa a nivel mesa de traballo de turismo, ou ben levando á compra aos teus veciños? Compárteo
  • Os teus servizos foron cancelados? Podes animar aos teus clientes a que cambien de data a súa reserva, na vez de cancelala. (Campaña de Protugra #EuCambiodeData)

 

Este son algúns dos contidos que desde Culturskopio elaboramos para diferentes proxectos:

campana-de-solidaridade-co-turismo-galego-v3

Campaña de soliedariedade co Turismo Galego, desde Culturskopio para Proturga, a asociación dos profesionais de turismo de Galicia.

experiencias-costa-da-morte

17 experiencias a vivir na Costa da Morte unha vez todo isto pase, para Turismo da Deputación da Coruña

experiencias-volta-montana

17 experiencias Volta Montana en Galicia, para cando todo isto pase

Recent Posts

Leave a Comment


*